Dedopie
Reactivamos a voz dunha clínica podolóxica en redes.
Dedopie levaba un ano sen publicar en redes, sen unha estratexia de contidos nin piares claros de comunicación. Deseñamos un calendario editorial baseado nos intereses reais da súa audiencia, con modelos coherentes coa súa imaxe de marca, e recuperamos un ritmo de publicación constante despois dese ano de silencio. Hoxe dan a coñecer ao equipo da clínica e achegan a podoloxía á súa comunidade coa proximidade e o criterio que querían transmitir.
Datos de Instagram, maio-setembro de 2026.
Antes de publicar nada, sentámonos a entender a clínica: que a fai distinta, a quen quere chegar e que necesita oír o seu público obxectivo antes de pedir cita. De aí naceron cinco piares de contido, cada un cun propósito. Así, cada peza ten unha razón de ser, o calendario editorial constrúese con criterio e a marca fala sempre desde o mesmo lugar. Para o negocio, iso tradúcese en constancia, nunha comunidade que confía no seu criterio e nunha presenza que traballa tamén fóra da consulta.
Un sistema de modelos propio, coherente coa súa identidade,
que permite publicar con ritmo sen perder calidade nin coherencia.
Un feed que se recoñece dunha ollada: fotografía de alta resolución, unha paleta suave de marca e unha estrutura que se repite.
[Nota breve sobre esta aplicación]
Outros proxectos
Ten un proxecto entre mans?
Toda marca precisa dun niño antes de voar.
Se ten algo que amosar ao mundo pero non sabe como darlle forma, podemos axudarlle.