Isto é o que facemos.
Estratexia de marca
Antes de deseñar nada, entendemos que ten entre mans. Definimos o seu propósito, a súa personalidade de marca, o seu posicionamento e a quen se dirixe realmente. O resultado é a base desde a que se toman todas as decisións de identidade e comunicación que veñen despois.
Que inclúe
- Obradoiro de marca
- Propósito
- Arquitectura de marca
- Misión, visión e valores
- Análise da competencia
- Público obxectivo e buyer persona
- Posicionamento
- Mensaxes clave
- Brand idea
Identidade verbal
Antes de pensar como se ve a súa marca, definimos como fala. A súa voz e ton, as palabras que usa e as que evita, e o vocabulario propio que a fai recoñecible aínda que non vexa o logo.
Porque unha marca non só se identifica pola súa imaxe, tamén por como soa cando escribe un post, envía un correo electrónico ou se presenta a un cliente novo.
Que inclúe
- Voz e ton
- Vocabulario de marca
- Naming (se o proxecto o require)
- Tagline
- Piares narrativos
- Mensaxes de marca
- Aplicacións da identidade verbal
Identidade visual
Traducimos a estratexia en algo que se ve, se recoñece e se sostén por si só. Logo, paleta de cor, tipografía, aplicacións e un sistema visual que funciona igual nunha tarxeta de visita ca nunha historia de Instagram, sen que teña que estar explicando cada vez que é a súa marca.
Que inclúe
- Logotipo e variantes
- Paleta de cor
- Tipografía
- Liña fotográfica
- Sistema gráfico
- Iconografía (se o proxecto o require)
- Aplicacións de marca segundo o tipo de proxecto (papelaría, redes, packaging)
Comunicación e contido
Unha identidade ben feita necesita a alguén que a manteña viva. Xestionamos as súas redes, definimos os seus piares de contido e escribimos coa voz da súa marca.
Un acompañamento continuo, para que a súa marca non voe soa.
Que inclúe
- Estratexia global de comunicación
- Xestión de redes sociais
- Xestión de comunidade
- Copywriting
- Email marketing
- Deseño web
- Xestión de contidos web
- Deseño gráfico