Nido Studio

Facemos visible o que te fai diferente.

Estratexia, identidade e comunicación para marcas con propósito.

Por que nos chamamos Nido

Un niño non é un lugar de paso. É onde algo nace e se protexe o tempo abondo para medrar forte e, só cando está listo, voa. Cremos que as marcas se constrúen igual: desde dentro, con tempo, agarimo e criterio, antes de saír comunicarse ao mundo. Existimos para ser ese lugar onde a súa marca atopa a súa forma antes de ter que sosterse soa.

Tes algo real que ofrecer. O problema é que a túa marca nin sempre o reflicte.

Publica nas redes, pero sen unha estratexia detrás. Ten un logotipo, pero non está segurx de que reflicta quen é realmente. E cando alguén lle pregunta que o diferencia, custa responder coa mesma claridade coa que o sente por dentro.

Isto é o que facemos para que a súa marca deixe de soar dispersa e empece a soar como vostede:

Estratexia de marca

Sentamos con vostede para entender que ten entre mans: que o fai diferente, para quen existe a súa marca e cara a onde quere levala. Sen fórmulas prestadas doutro proxecto; cada marca comeza desde o seu propio punto de partida.

Identidade visual e verbal

Traducimos esa estratexia nun sistema verbal e visual coherente: voz e ton, piares narrativos, logotipo, cor, tipografía e aplicacións.

Comunicación e contido

Levamos esa identidade ao día a día: redes, web, email marketing e calquera outra plataforma na que a súa marca deba estar presente.

Un proceso pensado para construír con coherencia

Un proceso claro, en tres fases. Da escoita á acción.

1

Escoita real

Antes de propor nada, preguntamos. Entendemos a súa historia, o seu mercado e o que xa funciona, para non partir de cero cando non fai falta.

2

Estratexia

Ordenamos o que descubrimos nunha base sólida: posicionamento, mensaxes clave e unha identidade que responde a quen é, non ao que está de moda.

3

Activación

Convertimos esa base en comunicación real, con contido e presenza que a súa marca pode soster día a día.

Proxectos recentes

Marcas que xa voaron do Nido.

Crushers

Branding completo

Estratexia de marca, identidade verbal e visual.

Dedopie

Comunicación e redes

Estratexia e xestión de redes sociais para clínica podolóxica.

Pipa & Coco

Branding completo

Estratexia de marca, identidade verbal e visual.

O que din de nós

«Chegamos a Nido Studio cunha idea bastante aberta do que queriamos que fose CRUSHERS, e axudounos a definir unha estratexia de marca clara. Valoramos moito como nos soubo escoitar e ordenar as ideas para que todo tivese sentido. O proceso foi áxil e as propostas ben pensadas e preparadas de xeito moi profesional; ademais, sempre estivo aberta ao noso feedback. Estamos moi contentos co resultado e recomendamos 100% o seu traballo.»

Vis González

CEO e cofundador

CRUSHERS

Ten un proxecto entre mans?

Toda marca precisa dun niño antes de voar.

Se ten algo que amosar ao mundo pero non sabe como darlle forma, podemos axudarlle.