Nido Studio

Mockup MUPI de Pipa e Coco

Pipa & Coco

Demos forma a unha startup de adopción animal.

Branding completoNamingClaimIdentidade visualKey visual

Pipa & Coco naceu como unha startup dixital que conecta persoas e animais para fomentar a adopción responsable, nun sector marcado por estéticas tristes e institucionais que o seu equipo quería evitar por completo. Construímos o seu naming, o seu claim de marca, a súa identidade visual e o seu key visual de comunicación, dando forma a unha marca próxima, directa e con carácter propio, afastada do dramatismo tradicional e próxima ao seu target novo e urbano.

Un nome que non soa a plataforma, senón a nome propio. Pipa e Coco poderían ser o can ou o gato do seu veciñx, e xuntos xa contan unha historia: dous individuos, unha conexión.

A adopción segue a contarse desde a pena, o rescate e o que falta. O noso punto de partida foi outro: falar do que un animal che devolve.

A tipografía Young Serif dálle á marca un carácter xovial sen caer no infantil, e Open Sauce One acompáñaa con claridade nos textos. A paleta é desperta e cálida, viva sen ser chamativa.

O símbolo da marca. Un dos seus extremos convértese en cola e o oco superior evoca un ollo felino. Representa á vez a mascota e o vínculo.

Mockup post de Instagram de Pipa e Coco

Nun mundo onde todo se edita, os animais non posan nin aparentan: simplemente son. “A vida sen filtros” dálle a volta ao código dos filtros dixitais para mostrar que cambia cando formas parte da súa vida.

Proxecto conceptual desenvolvido en colaboración con Leticia Puerta, Carolina Candela e Isabel Blokker.

Outros proxectos

Crushers

Unha marca pensada para o alto rendemento.

Dedopie

Reactivamos a voz dunha clínica podolóxica en redes.

Ten un proxecto entre mans?

Toda marca precisa dun niño antes de voar.

Se ten algo que amosar ao mundo pero non sabe como darlle forma, podemos axudarlle.