Nido Studio

Estratexia de marca

Antes de deseñar nada, entendemos que ten entre mans. Definimos o seu propósito, a súa personalidade de marca, o seu posicionamento e a quen se dirixe realmente. O resultado é a base desde a que se toman todas as decisións de identidade e comunicación que veñen despois.

Que inclúe

  • Obradoiro de marca
  • Propósito
  • Arquitectura de marca
  • Misión, visión e valores
  • Análise da competencia
  • Público obxectivo e buyer persona
  • Posicionamento
  • Mensaxes clave
  • Brand idea

Identidade verbal

Antes de pensar como se ve a súa marca, definimos como fala. A súa voz e ton, as palabras que usa e as que evita, e o vocabulario propio que a fai recoñecible aínda que non vexa o logo.

Porque unha marca non só se identifica pola súa imaxe, tamén por como soa cando escribe un post, envía un correo electrónico ou se presenta a un cliente novo.

Que inclúe

  • Voz e ton
  • Vocabulario de marca
  • Naming (se o proxecto o require)
  • Tagline
  • Piares narrativos
  • Mensaxes de marca
  • Aplicacións da identidade verbal

Identidade visual

Traducimos a estratexia en algo que se ve, se recoñece e se sostén por si só. Logo, paleta de cor, tipografía, aplicacións e un sistema visual que funciona igual nunha tarxeta de visita ca nunha historia de Instagram, sen que teña que estar explicando cada vez que é a súa marca.

Que inclúe

  • Logotipo e variantes
  • Paleta de cor
  • Tipografía
  • Liña fotográfica
  • Sistema gráfico
  • Iconografía (se o proxecto o require)
  • Aplicacións de marca segundo o tipo de proxecto (papelaría, redes, packaging)

Comunicación e contido

Unha identidade ben feita necesita a alguén que a manteña viva. Xestionamos as súas redes, definimos os seus piares de contido e escribimos coa voz da súa marca.

Un acompañamento continuo, para que a súa marca non voe soa.

Que inclúe

  • Estratexia global de comunicación
  • Xestión de redes sociais
  • Xestión de comunidade
  • Copywriting
  • Email marketing
  • Deseño web
  • Xestión de contidos web
  • Deseño gráfico

Por onde precisa comezar?

Cóntenos en que punto está a súa marca e asesorarémolo.